28 oct 2013

O Xogo da Semana: Especial Noite de Defuntos

Halloween, Samhain, Todos los Santos, Difuntos,... sea como sea a cultura que o nomee, a noite do equinoccio de Outono representou sempre unha época na que as barreiras entre o meundo dos mortos e dos vivos faise máis difusa.

Disfruta pois do especial Noite de Defuntos xogando a estes xogos seleccionados.

HAUNTED HALLOWEEN
Devólvelle a cabeza ó señor Osos. Ten coidado coas mans malignas dos zombies que quererán impedilo e aproveita o entorno para elo.

Dispara e devolve o Vampiro ó ataude, a Momia ó Sacófago e a Bruxa ó caldeiro.


CUT AND KILL HALLOWEEN
Corta a madeira para recoller os premios e consigue que as cabezas se destrúan.


22 oct 2013

GIMP e manuais

Descarga a última versión de Gimp AQUÍ

Aprenda GIMP a los tropezones é un ebook e libro online con consellos sinxelos para profundizar no manexo do GIMP.
É un libriño feito por Iris Fernández no 2012  e ten 33 páxinas.

Nesta canle de Youtube de hai unha serie de vídeo onde vos guían pola aprendizaxe deste editor de fotos.

E no sitio de Jesusda atopareden un bo feixe de leccións relacionadas.

10 oct 2013

PracTICa 02: Formulario con Google Docs

Nesta práctica tes que facer un formulario e publicalo no teu blog.

O formulario tera que ter relación cunha das vosas asignaturas actuais.

Unha vez feito e publicado, compartídeo cos vosos compañeiros para que podas enchelo.

Aquí tendes un formulario de exemplo, cunha pregunta de cada tipo:


3 oct 2013

O Xogo da Semana: Gluey 2

Chega a choiva e pouco a pouco a paisaxe vaise voltando gris e deprimente. 

Pois non nos deprimamos! Recurramos á explosión de cores que nos presenta o seguinte Xogo da Semana!!

Neste xogo teremos que eliminar ós bichocos xuntando os do mesmo color e pinchando neles. Complicarase pouco a pouco. A ver quen é o que o remata con maior puntuación.