25 nov 2013

pracTICa 6: Tilt&Shift, Cartel de "Búscase", Retrato con fondo clon desenfocado.

Subir fotos feitas simulando o uso dunha lente descentrable (tilt and shift) mediante o programa Gimp, e tamén outra foto procesada a través do simulador que nos ofrece a páxina tiltshiftmaker .
Isto crea un efecto que se deu en chamar "Efecto miniatura ou maqueta".
Podedes atopar exemplos aquí




Tamén subiremos a foto dun retrato de persoa simulando un cartel dos vellos "Búscase" (Wanted) usando diferentes modos de fusión de capas coa imaxe e o texto. Como no exemplo:

Por último, colleremos un retrato fotográfico e duplicando a imaxe, escalamos e desenfocamos o fondo, integrando as dúas capas cunha máscara, de xeito que quede similar á foto do exemplo.


19 nov 2013

O Xogo da semana: Chu Rescue 1 e 2

Nesta saga tendes que cortar os bloques de xeo para que ó caer á auga suba o nivel do mar a ata chegar á liña de nivel, tendo coidado con que Chu, o Esquimal, non afogue.


5 nov 2013

pracTICa 5: Planetoide, Efecto Dragan.

Utilización do filtro de coordenadas polares do Gimp para simular un planetoide a partir dunha paisaxe panorámica.

1.- Collemos unha foto panorámica coidando ben que exista un primeiro plano se demasiado detalle, un plano medio no horizonte e un fondo (de nubes, estrelas ou o que sexa). É importante imaxinar que a foto vai a encaixar o lado esquerdo co lado dereito, como se fixésemos un tubo cunha fotografía, e que os bordes coincidan ó máximo.

2.- Imos a Capa>Transformar>Desplazamento e desplazamos a imaxen no eixo X, que corresponde co horizontal, un número de píxels apropiado. Se a nosa foto mide 2000 px de ancho, podemos desplazala 1000 px, por exemplo. A idea é que a "costura" entre os bordes da foto sexa visible e traballable.

3.- Alternando o uso de pincel de sanear e o tampon de clonar, pulimos a costura ata facela desaparecer.

4.- Convertimos a foto en cadrada, aumentando o lado máis pequeno de forma que coincida con lado maior. Iso faise en Imaxe>Escalar a Imaxe. Temos que ter en conta que hai que romper o eslabón da cadea que mantén as proporcións.

5.- Dámoslle a volta á imaxe. Unha forma sinxela de facelo é rotándoa 180º, cousa que podemos facer por exemplo dende Imaxe>transformar>rotar 180º

6.- Aplicamos o filtro de coordenadas polares, que é o terceiro do menú Filtros>Distorsións>coord polares.

7.- Xa casi está, agora só queda pulir a imaxe, enchendo os ocos cun fondo consistente.

8.- Adicionalmente, teredes que usar unha foto invertindo o efecto das coordenadas polares, de xeito que o ceo quede no interior do círculo, por exemplo, cun grupo de persoas.


INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar (o color, para un resultado más luminoso).
Se o pincel de cor non pinta en cor, asegurade que gimp esté no modo RGB, pulsando en Imagen->Modo->RGB




Atoparás máis exemplos famosos AQUÍ



EFECTO DRAGAN


Andrej Dragan é un fotógrafo especializado en retratos que desenvolveu unha forma moi especial de tratamiento das imaxes que o fixo internacionalmente coñecido e imitado.

O chamado "Efecto Dragan" ou "Draganizado" modifica as fotos para engadirlle un dramatismo e unha intensidade moi especial, como poderedes ver na súa web persoal.

Como bo artista, nunca explicou o séu segredo, pero moita xente desenvolveu métodos cos cales achegarse ós séus resultados.


Imos a ver como simular o seu sistema de traballo usando o Gimp. Para iso é necesario haber dominado a aplicación do filtro de paso alto que vimos na actividade anterior.


PASOS A REALIZAR:

1- Abrimos a imaxe e a duplicamos dúas veces. Ocultamos a capa de abaixo de todo para non modificala (Será a nosa imaxe orixinal)

2- Imos a enfatizar a mirada. Para elo escollemos o modo de fusión "pantalla", e utilizaremos unha máscara de capa para que o efecto só se aplique ós ollos.

 Cando estemos satisfeitos co resultado combinaremos as dúas capas.

3- Duplicamos de novo a capa resultante. E sobre a capa de arriba aplicaremos o efecto de Máscara de Desenfoque. Se non, podemos usar o filtro de paso alto quen sepa facelo.

4- A capa coa imaxe enfocada ímola combinar coa de abaixo no modo "claridad fuerte". Usaremos unha máscara de capa para aplicar o efecto ás zonas que nós queramos da fotografía. Experimenta outros modos de fusión de capa se queres.

5- Imos a desaturar a capa de abaixo. Facemola visible e imos a Colores- Desaturar.

6- Combinamos todo e listos. Opcionalmente poderemos crearlle un viñeteado, que se pode facer de varias formas que xa vos explicarei.

Fotos coas que experimentar




4 nov 2013

PrácTICa 4: Desaturación Selectiva

Desaturar é eliminar a información cromática, é decir, a información da cor. Usaremos o GIMP para facer unha desaturación selectiva e logo empregaremos máscaras de capa para destacar mediante a cor un elemento. Iso chámase desaturación selectiva. Teredes que facer unha foto dunha flor, dun taxi de New York e unha foto máis de temática libre a escoller por vós.

PráctTICa 3: Foto de Medo.

En medio da noite de Defuntos, AKA Samaín ou Samhain ou Halloween, teredes que facer co GIMP unha foto de medo e subila ó blog.