12 may 2014

pracTICa 12: Anímate con Goanimate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

Presentación by Pascual on GoAnimate
A tarefa.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)

Un exemplo chorras: Ryu vai á sauna
Ryu va a la sauna by Pascual on GoAnimate

8 may 2014

Parodias de canciones

O Xogo da semana: Onde está a miña barba?

Todos vos detacáchedes de que teño barba.
A veces máis, a veces menos, pero sempre algo.

Iso é porque na miña casa vive un mistrioso ser que contaxia a barba e que é o protagonista deste xogo.

Coloca as personaxes na pantalla, xíraas se queres, e cando teñas todas listas, dalle a PLAY.
A física fará o resto.
Usa diferentes modificadores durante o xogo e ten coidado co cadrado que rapa a barba.

A meta e convertir a todos en barbudos, ainda que teñan que caer por un barranco abaixo!

http://www.physicsgames.net/game/Where_Is_My_Beard.html">ONDE ESTÁ A MIÑA BARBA?


6 may 2014

Facendo monerías

Onte fun testemuña dun intento de suicidio por parte dun alumno extranxeiro, velaquí as fotos.