Continuamos a semana nesta xornada de folga estudantil, disfrutando do xogo da semana.
Para xogadores que busquen algo sinxelo sen moitas complicacións presentamos
Unfreeze Me 2,
a continuación do exitoso xogo no que tes que desconxelar a uns
paxariños botándolles auga enriba. Enchendo as ánforas gañarás máis
puntos.
Aqueles xogadores que desexan poñer a súa habilidade cunha proba máis existente propoñemos Doctor Acorn,
onde teredes que levar a unha bellota ata o final do xogo utilizando
diversos mecanismos. Recoller as bellotas douradas abrirán un minixogo
final. Serás quen de tal logro? Non sei eu...
E de regalo para os máis futboleros. Soccer Balls Level Pack
E o próximo día a traballar a reo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario